miércoles, 28 de noviembre de 2018
martes, 27 de noviembre de 2018
lunes, 26 de noviembre de 2018
martes, 20 de noviembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
miércoles, 7 de noviembre de 2018
UXÍA SENLLE. MARI PEPA ARTEAGA.
http://sonsdeturoqua.blogspot.com/2017/12/maripepa.html
Maripepa
No adro silandeiro,
cuberta cunha lousa ben labrada,
descansa, disque en paz,
Maripepa Arteaga,
miña avoa,
a mesma que no berce me cantaba
vellos romances
deprendidos en feiras e ruadas;
a que contaba lendas
e curaba
mancaduras, bochas, carafunchos
do corpo e da alma.
Maripepa leda,
rula branca
que de moza tocaba a pandeireta
e entoaba cántigas
e xuntábanse en Gres mozas e mozos
cada domingo ou día de folganza.
Sempre había festa
onde ela estaba,
e hai quen vai dicindo pola aldea
que en noites de lúa crara
oíse un trengueleo de ferreñas
en rolda acompasada
alá embaixo,
na campa
onde mora, onde repousa,
onde descansa
miña avoa festeira,
Maripepa Arteaga.
Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)
cuberta cunha lousa ben labrada,
descansa, disque en paz,
Maripepa Arteaga,
miña avoa,
a mesma que no berce me cantaba
vellos romances
deprendidos en feiras e ruadas;
a que contaba lendas
e curaba
mancaduras, bochas, carafunchos
do corpo e da alma.
Maripepa leda,
rula branca
que de moza tocaba a pandeireta
e entoaba cántigas
e xuntábanse en Gres mozas e mozos
cada domingo ou día de folganza.
Sempre había festa
onde ela estaba,
e hai quen vai dicindo pola aldea
que en noites de lúa crara
oíse un trengueleo de ferreñas
en rolda acompasada
alá embaixo,
na campa
onde mora, onde repousa,
onde descansa
miña avoa festeira,
Maripepa Arteaga.
Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)