miércoles, 1 de junio de 2022

RESUMO DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

 

Argumento

Este libro trata dun rapaz chamado Balbino. O neno é labrego e ten unha familia moi pobre, pero isto non lle impedirá que lle sucedan moitas aventuras que reflictirá nun caderno. É un neno aventureiro e vergoñento, moi pícaro e valente. Pensa moito no mundo e o reflícto nos episodios na súa vida como labrego.

 

Este libro está situado no tempo das emigracións dos galegos a América por falta de recursos aquí, anos 20, 30…

 

Esta historia sucede nunha pequena aldea de labregos. A aldea é moi pobre, e tamén pobre é a familia do pequeno protagonista.

 

Personaxes

 

Balbino: é o pequeno protagonista desta historia. É un neno labrego pícaro e aventureiro. Sucédenlle unha serie de acontecementos que están relacionados coa pobreza na que vive. Isto non lle impide enfrontarse aos problemas que sofre e acaba traballando para un señor que o trata moi ben.

 

A Nai: é a nai do protagonista. Sempre vai coa tía Carme.

 

O Pai: é un home serio e comprensible con Balbino que quere un bo futuro para o seu fillo e a maioría das veces acaba discutindo co seu fillo por iso.

 

Tía Carme: axuda a Balbino en varias ocasións e sempre o comprende.

 

O Padriño: dálle consellos a Balbino sobre a vida para chegar moi lonxe e ser unha persoa de importancia.

 

O Señor: é o xefe da aldea. Tivo un gran problema co pai do Balbino por culpa do rapaz e case os bota.

 

Manolito: é o fillo do señor que sempre insulta a Balbino e o rapaz farto diso dálle cunha pedra que o fai sangrar.

 

Lelo: é o mellor amigo do protagonista que ten que emigrar a América pero os rapaces seguen en contacto por carta.

Celia e Miguel: son os dous irmáns de Balbino. Miguel emigra a América e Celia acolle ao rapaz e axúdalle a atopar traballo.

 

Eladia: mestra do protagonista do que queda namorado.

 

RESUMO

I CAPÍTULO

Eu son…

Balbino. O rapaz preséntase. É un neno pobre, un ninguén. Critica aos nenos ricos xa que segundo el non sabe o que é traballar nin vivir mal.

Escribe nun caderno e algún día quixera facer un libro e ser moi famoso, pero dálle vergoña que lle atopen o caderno, xa que nel reflicte os seus sentimentos. Ademais, el non estivo na guerra nin nada semellante e non tería nada interesante que contar como fixo Smith porque el era só…un ninguén.

II CAPÍTULO

Perdido

Balbino foxe ao bosque para non ser atopado polos seus pais. O pai déralle unha somanta por enfouzarlle a cara con feluxe ao neno do señor, que tiña todas as comodidades. Ao mediodía, a súa nai e máis a tía chamábano a berros. El comezou a facer figuras coa terra, froito do aburrimento. Á tardiña todos buscaban a Balbino, ata que o seu can Pachín o atopou e voltaron para a casa. Ao día seguinte cando espertou só viu máis de dez caras arredor del, pero volveu a durmir.

III CAPÍTULO

O Xudío

Balbino describe unha fermosa procesión de Santos. El quería ir por foguetes mais non lle deixan xa que son perigosos. Sen que se enterase ninguén fuxiu de alí. Foi dar á eira do Xudío. O Xudío pensaba que ía roubar pexegos pero Balbino explicoulle que non. Comezaron a falar durante longo tempo. O Xudío explicoulle o porque do seu alcume. Logo a nai do rapaz foi buscalo e levoullo a casa. Ó chegar, o pai mallouno coa corda por escapar.

 

IV CAPÍTULO

 

Loito

 

Facía xa tres anos que morrera o seu tío Braulio e todos na súa casa seguían de loito. Nos días de festa el quedaba encerrado na casa porque estaban de loito. O rapaz recorda como o seu tío Braulio chegara de África e lle contaba fantásticas historias. Morrera trillado debaixo da roda do carro.

Balbino non deixaba o loito pola súa madriña, que aínda seguía triste por Braulio. O rapaz sente certa envexa polo resto de persoas, que no entroido toleaban e na coresma choraban. El ía ao revés, no entroido estaba triste e na coresma contento. O último entroido pasárao na casa vendo a toda a xente rir a través da ventá. Describe toda a diversión que ten a xente que el non pode ter.

 

V CAPÍTULO

 

Os grandes

 

O rapaz critica aos maiores. Moitas veces non se preocupan por nós e dedícanse a outras cousas. Quixera deixar de ser pobre, mais que por el, polos seus pais, xa que a súa nai tiña chorado moitas veces pola súa falta de recursos. Balbino quixera fuxir da pobreza a outro lugar e poder mercar pantrigo e todo o que tiña o fillo do señor, aínda que sempre haberá alguén nunha situación peor que a del. Un exemplo era Andrés, que tiña tres irmás e un pai que os mallaba. Decididamente, Balbino quería ser grande.

 

VI CAPÍTULO

América

Balbino conta cando o seu irmán Miguel marchara para América. Súa irmá e a madriña choraban, e seu pai nin choraba nin ría. O neno quería que o seu irmán marchase para América, así logo contaríalle cousas que diría no colexio. Ao tempo de marchar, os familiares recibiron unha carta de Miguel contando que vivía moi ben. Balbino deciciu que de maior tamén marcharía para a América, pero non lle deixaron.

O padriño e o pai do neno comezaron a discutir durante un longo tempo, cada un coas súas razóns de por que o neno non debería marchar para América. Pero el quería ir dixesen o que dixesen. Pensou no seu irmán. Onde estaría aquela carta que lle prometeu?

 

VII CAPÍTULO

 

Pachín

Pachín era o can de Balbino. Antes de nacer o neno, tiveran outro can, pero morreu. Dérallo o zoqueiro de Ribán en pago por terlle cravuñado o seu pai unha gadaña. O can era pequeño e marelo. Tiña unha penca no fociño e gustáballe barullar. Queríao todo o mundo. Moitos sentían envexa de Balbino polo seu can. Un día a súa tía volvera á casa contando que ao ferrador lle entrara o raposo no galiñeiro e coméralle nove galiñas. O neno foi ao monte e descubriu as nove galiñas mortas. Para que o raposo non se acercase máis ao galiñeiro mataron dúas galiñas e puxéronlles veleno dentro. O raposo non morreu, pero si Pachín. Balbino fixo un burato na horta e enterrouno, plantando unha cerdeira de xeito de lousa.

 

VIII CAPÍTULO

Rebusque

Balbino non podía ir á festa do Carme polo loito. A súa tía Carme levouno á misa aínda que el non quería. Pola noite viu a festa polo ventanuxo. As bandas de música tocando e a xente bailando. Imaxinouse bailando cunha estrela.

Ao día seguinte antes de ir ao monte co seu pai, foi ao souto ver que cousas quedaran da noite anterior. Atopou unha pequena caixiña brillante que gardou con moito agarimo no resío. O rapaz imaxinaba que nesa caixa habería moitos tesouros que o sacarían da súa pobreza, e con iso soñou toda a noite.

Na mañá, Balbino fixo os seus traballos e logo foi xunto á caixa. Non se atreveu a abrila. Admirouna durante un longo tempo e deixouna alí de novo, prometéndose que ao día seguinte a abriría. Cando chegou á casa comezou a chover. Choveu a reverquer. Os lóstregos e os tronos sacudían a natureza. Pola mañá, a chuvia seguía e o río desbordara. Co desbordamento, levara a caixiña do neno. A riqueza da caixa íase con ela.

Ao día seguinte xa parara de chover e correu ao resío xunto ás matogueiras. A caixa non estaba. O rapaz levou as mans á cara e botouse a chorar.

 

IX CAPÍTULO

Eladia

O rapaz vai á feira coa súa tía Carme e ve a Eladia, a antiga mestra da que el estaba namorado. Recorda o seu primeiro día de escola. Balbino era moi bo e de seguida pasoulle por diante a todos os da súa clase. O primeiro mestre que tivo foi Don Alfonso. Despois, chegou Eladia. Ela colleulle moito agarimo a Balbino por ser o máis adiantado da clase. O rapaz namorouse dela pouco a pouco. Un día a mestra púxose enferma e Balbino sustituíuna.

Un domingo el viuna cun mozo paseando da man. Enfureceu de rabia e estivo enfermo por uns días. Cando se recuperou, foi á casa da mestra, pero un veciño díxolle que Eladia marchara do pobo para casar co mozo e que non voltaría. O rapaz non voltou á escola nunca máis.

 

 

 

 

X CAPÍTULO

O Fumazo

Ese ano deixáranlle ao rapaz ir ao fumazo. Foi cuns amigos e colleron feixes. Fixeron un fumazo ben grande para a noite de San Xoán e a xente foise achegando. O gaiteiro tocou e a xente non paraba de bailar muñeira durante toda a noite. Balbino quedouse durmido e un foguete pola mañá despertárao. O pai contoulle as tradicións desa noite. Ao día seguinte como lle dixera o seu pai o día anterior, o sol bailaba como un tolo na mañanciña.

 

XI CAPÍTULO

A morte

O neno despertou cos berros da súa familia ao atopar ao seu padriño morto, como dixera o médico. O rapaz debruzouse no peitoril da xanela, e alí estivo toda a tarde.

Coa morte do seu familiar ninguén o botaba en falta. Balbino comparaba o curso do río coa vida da xente. De súpeto entrou a súa nai no carto chorando pola morte do padriño. O rapaz non soubo que dicirlle nese momento. Baixou á cociña que estaba chea de xente. No cuarto de embaixo estaba o padriño. Parecía que durmía. A xente rezaba polo defunto.

Pola noite apareceu aínda máis xente. Algúns xogaron ás cartas e logo contaban contos. Balbino quedouse durmido soñando con todo o sucedido polo día. Cando espertou estaba na súa cama. A campá tocaba para chamar á misa do padriño. Qedouse na cama cavilando sobre todo o que lle sucedera e o pouco que entendía as cousas.

 

XII CAPÍTULO

O meu amigo

Balbino, antes de morrer o padriño, falara con el dos amigos. O rapaz notou que lle faltaba un amigo. Buscouno durante un longo tempo ata que unha tardiña de Nadal atopouno. A súa madriña mandoulle ir buscar o lavadoiro pero cando o neno botou a man esvaroulle o zoco e a corrente do río levouno. Un neno chamando Lelo de Cidre colleuno dun pé e salvouno. A partir daquela ese neno sería o seu mellor amigo. Compartían todo e falaban das súas cousas, ata que un día o rapaz tivo que emigrar a América por culpa dos seus pais. Prometéralle escribirlle unha carta desde América para contarlle como é. E despedíronse con esa promesa.

 

XIII CAPÍTULO

Sancristán

Un día Xaquín do Relanzo petou na porta da casa do neno. Falou co seu pai para pedirlle ó rapaz de sancristán, e aceptaron. O xastre fíxolle un traxe novo e ó rematar o ano dábanlle vinte pesos. O rapaz estaba feliz facendo o traballo, pero o choio acabouse cando lle tocou a función de San Roque ao Morulo e entrou de sancristán un sobriño del. Balbino bota de menos o traballo xa que nunca tivo nada mellor.

 

IXX CAPÍTULO

O Xuramento

Serafín era o enterrador do pobo. Balbino tíñalle moito agarimo xa que ás veces sen que se enterasen na casa ía xunta el e falaban longo tempo. Serafín deulle algúns consellos sobre a morte e a vida e o neno tívoos presentes sempre. O neno xurou que cando fose maior faría grandes cousas para non morrer de todo, e cumpriría o xuramento.

 

XX CAPÍTULO

A pedra

Un día Balbino pasaba por diante da casa do señor e o seu fillo Manolito estaba na porta con algúns amigos. O rapaz do señor empezou a insultalo e correu xunta del para pegarlle, pero Balbino colleu unha pedra e deulle a Manolito, que comenzou a sangrar na cara. O rapaz comezou a correr con todas as súas forzas. Foi á casa de Estrela, a segunda curmá da súa nai. Contoulle o sucedido con Manolito e ela deixouno durmir na súa casa. Ao día seguinte Estrela levouna para a súa casa. Cando chegou a súa tía e súa nai berráronlle a máis non poder e o seu pai levouno diante do señor e comezou a arrearlle coa corda no lombo por mandato do señor. A súa familia non tiña cartos para pagar o lerio de Manolito e o señor estaba pensando en botalos do pobo, así que Balbino pensou nunha fuxida. Colleu a súa roupa, os seus zapatos e fuxiu á casa da súa irmá Celia. Contoulle todo e pediulle que lle conseguise traballo servindo a alguén. Foi servir á casa do Landeiro.

 

XXI CAPÍTULO

Destino

Balbino serviu na casa do Landeiro por moito tempo. Tratouno moi ben e dáballe libros para ler. O que máis lle gustou foi un titulado “Memorias” que conta as memorias dun tal capitán Smith. Coñeceu unha moza que tamén traballaba na casa do Landeiro chamada Flora, que foi á súa amiga. A súa familia visitábao ás veces: o señor non os botara do pobo. O rapaz recibiu unha carta do seu amigo Lelo cunha gran alegría. Lelo contáballe moitas cousas e Balbino a el tamén. O caderno do rapaz deullo a Alberte, que lle xurou que non llo amosaría a ninguén. Que o leve.

Xosé Neira Vilas.

Bos Aires, 1960